ALTE - The Association of Language Testers of Europe
 


Home

About ALTE

ALTE Members

Membership

Affiliates

Events

Framework

QA

Projects

Resources




Site Search :



Untitled

Xunta de Galicia

Xunta de Galicia logo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística é o órgano superior do goberno da Xunta de Galicia que dende 1983 promove o uso  da lingua galega na comunidade galega. En materia de promoción da lingua galega  ten como funcións máis relevantes  fomentar o uso do idioma galego nos diferentes eidos sociais e económicos de Galicia  así como  elaborar  propostas lexislativas que potencien a normalización lingüística. As súas actuacións enmárcanse nos acordos do  Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado no ano 2004, mediante o que se presentan unha  serie de medidas de actuación  para promover o uso do galego na sociedade e garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións.

 Co fin de ofrecer ferramentas para a adquisición dunha competencia lingüística en galego para adultos e como resposta ás necesidades que presenta a sociedade actual en cuestións de ensino, aprendizaxe e certificacións en lingua galega,  créase un novo sistema de certificacións que avalíe as destrezas comunicativas dos usuarios e que permita clasificalos segundo o seu nivel de competencia nunha escala de contidos  baseada no Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. Estas certificacións denomínanse CELGA  (Certificado de Lingua Galega) e están divididas en cinco niveis, por orde de menor a maior dificultade:

CELGA 1
CELGA 2
CELGA 3
CELGA 4
CELGA 5

No ano 2007 estará  a disposición dos usuarios a celebración das probas para a consecución dos certificados de lingua galega en distintos niveis.

Informarase nesta páxina e  na da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Xunta de Galicia. www.xunta.es/linguagalega